Pedro Sánchez gaña as primarias do PSOE: en Pontevedra, case dobra a Susana Díaz

Pontevedra
21 de maio 2017

Pedro Sánchez será o novo secretario xeral do PSOE. O ex líder socialista regresa pola porta grande e derrotou claramente á gran favorita, a presidenta andaluza Susana Díaz. Os militantes apoiaron de forma maioritaria a opción do madrileño, tamén en Pontevedra, onde obtivo case o 60% dos votos

Acto público de Pedro Sánchez na praza do Teucro
Acto público de Pedro Sánchez na praza do Teucro / Mónica Patxot

Pedro Sánchez será o novo secretario xeral do PSOE. O ex líder socialista regresa pola porta grande e derrotou claramente á gran favorita, a presidenta andaluza Susana Díaz. Os militantes apoiaron de forma maioritaria a opción do madrileño, que logrou un 50,21% dos votos, un total de 74.223 persoas. Son datos co 99,23% escrutado.

Susana Díaz, que contaba co apoio do aparello do partido e coa maioría dos baróns rexionais, quedou no 39,94% dos votos, o que se traduce en 59.041 militantes. 

Un 9,85% dos militantes socialistas que participaron nas primarias decantáronse polo ex lehendakari Patxi López, que sumou 14.571 votos.

O triunfo, que logrou en todas as comunidades autónomas salvo Andalucía e País Vasco, tamén se produciu claramente en Galicia.

A candidatura de Sánchez foi a opción preferida para os militantes galegos do PSOE. Logrou o 65,74% dos votos (5.442) polo 27% (2.235) de Susana Díaz, e venceu en todas as grandes cidades de Galicia.

En Pontevedra, os socialistas tamén apoiaron a Sánchez. Cunha participación altísima, de 260 militantes (o 82% do censo), seus foron 154 votos, o 59% do total. Susana Díaz recibiu o apoio de 82 militantes (32%) e Patxi López de 23 (9%).

Significativo foi ademais o apoio que Pedro Sánchez logrou en Vigo. A pesar de que a presidenta andaluza contaba co apoio, entre outros, de Abel Caballero e Carmela Silva, Sánchez venceu na cidade olívica, ao sumar 313 votos fronte aos 254 de Díaz.

Tras confirmarse o triunfo de Pedro Sánchez, sucedéronse as reaccións desde as filas socialistas galegas

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora