Eduardo Madina, 'embaixador' de Susana Díaz en Pontevedra: "Yo solo contemplo que gane ella"

Pontevedra
13 de maio 2017

Das primarias do PSOE volveuse a falar este sábado en Pontevedra. Tras as visitas de Patxi López e Pedro Sánchez era a quenda de Susana Díaz. Pero no seu caso, a presidenta andaluza delegou nun dos seus máis estreitos colaboradores neste proceso, o deputado socialista Eduardo Madina. El foi quen se reuniu cos militantes da Boa Vila

Xuntanza de Eduardo Madina con militantes do PSOE en Pontevedra
Xuntanza de Eduardo Madina con militantes do PSOE en Pontevedra / Alba Sotelo

Das primarias do PSOE volveuse a falar este sábado en Pontevedra. Tras as visitas de Patxi López e Pedro Sánchez era a quenda de Susana Díaz. Pero no seu caso, a presidenta andaluza delegou nun dos seus máis estreitos colaboradores neste proceso, o deputado socialista Eduardo Madina. El foi quen se reuniu cos militantes da Boa Vila.

Acompañado, entre outros, pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, o deputado autonómico Abel Losada ou o ex concelleiro en Pontevedra, José Manuel Valcárcel, Madina acudiu ao Hotel Avenida -tras pasar previamente por Caldas de Reis- para defender que o proxecto de Susana Díaz permitirá "abrir un tiempo nuevo de unidad y de futuro" no PSOE.

"Yo solo contemplo que gane Susana, que se abra una etapa nueva y a partir de ahí empezar a reconstruir el partido", asegurou o deputado socialista.

Madina espera que o PSOE logre un proxecto "reconocible", co que o partido "no diga un día una cosa y al día siguiente la contraria", onde as súas relacións cos demais partidos políticos "no cambien cada día", onde "no se sepa bien" se Cataluña "es una nación o ha dejado de serlo" e no que non teñan "seis programas distintos en 18 meses".

"Eso es lo que está en juego en este congreso", engadiu o deputado do PSOE, que reclamou ademais un partido socialista "que tenga vocación de ganar siempre" para que aos cidadáns españois "les vaya mejor".

Fronte á presidenta andaluza está, lembrou Eduardo Madina, un Pedro Sánchez cuxo "techo electoral", os 85 deputados nas eleccións xerais de xuño de 2016, é o "suelo" do socialismo en España, polo que confía en que a vitoria de Susana Díaz nas primarias do PSOE sirva para "dejar atrás" este "desastre histórico".

Estes dous últimos anos e medio foron, engadiu, a etapa na que "peor lo ha pasado el PSOE" en toda a súa historia.

De cara o debate do próximo luns, na que os tres candidatos ás primarias do PSOE expoñerán o seu proxecto, Eduardo Madina asegurou que o "seguimiento mediático" que terá esta cita será unha "enorme oportunidad" para que Pedro Sánchez "desautorice" a quen desde a súa candidatura "se dedican a insultar a todo el que no les da la razón".