Cuntis é famoso polo castro de Castrolandín, polas súas augas quentes ou polo lacón con grelos, pero onte o plato protagonista era a castaña.
O chef Iván Méndez, que tamén repite na vila termal, impartiu unha clase maxistral arredor deste alimento pero cociñado dun xeito diferente: risotto con castaña, revolto de cogomelos e castaña e un biscoito con castaña.
Ás 19:30 horas comezaba o obradoiro de cociña na Casa do Médico e as persoas asistentes reuníanse na porta para coller un sitio privilexiado no que non perderse ningún consello do cociñeiro.
Coa clase, Iván daba mostra do seu bo facer co público, o cal invitou a preguntar dúbidas pero tamén a axudar nas elaboracións.
O alumnado superou a trintena cun rango de idade moi amplo que foi dende cativos a xubilados, mostrando unha equidade con respecto o sexo.
Destacar a presenza dos rapaces de Habilitas Fogar que mostraron a súa boa maña no arte da cociña.
Ao rematar a clase, un atronador aplauso recoñeceu o traballo do cociñeiro o que invitaron a voltar cunha nova proposta.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.