Catro detidos en Arousa nunha nova operación contra o tráfico de drogas

O Salnés
17 de xaneiro 2023
Actualizado: 14:47

Novo golpe policial ao narcotráfico en Arousa. Una operación conxunta entre a Garda Civil, a Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira desenvolveuse este martes, desde primeira hora da mañá, en diferentes localizacións de Vilagarcía e Vilanova

Garda Civil de Vilagarcía de Arousa Mónica Patxot

Novo golpe policial ao narcotráfico en Arousa. Una operación conxunta entre a Garda Civil, a Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira desenvolveuse este martes, desde primeira hora da mañá, en diferentes localizacións de Vilagarcía e Vilanova.

Fontes da investigación confirman a PontevedraViva que, no marco deste operativo, realizáronse sete rexistros e catro detencións, todas elas vinculadas co tráfico de drogas.

Entre os detidos figura un veciño de Vilagarcía de Arousa de 26 anos, de iniciais D.G.. Do total de catro detidos, está previsto, segundo puido saber este xornal, que tan só un pase a disposición xudicial. Os outros tres previsiblemente quedarán en liberdade en sede policial. 

A operación continúa aberta e non se descarta que se produzan máis detencións. Segundo diversas fontes consultadas, os investigadores teñen a un quinto sospeitoso pola súa relación con esta actividade de tráfico de drogas que aínda non foi detido. 

A todos atribúeselles a súa pertenza a unha organización dedicada ao transporte e distribución de cocaína

 Por agora, descoñécense os detalles desta operación que, entre outros puntos, incluíu intervencións nos barrios de San Roque, Ravella e Os Duráns, en Vilagarcía. Ademais, a operación ten diversas ramificacións en Portugal.

Neste despregamento participan numerosos axentes co apoio, entre outros medios, de cans da unidade canina da Garda Civil ou un helicóptero da Policía Nacional.

Por parte da Garda Civil, hai despregados axentes das provincias de Pontevedra e Ourense e, pola Policía Nacional, as unidades especializadas Unidade Central de Droga e Crime Organizado (UDYCO) e Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO).