Cazola gratinada con bechamel de atún en tomate Pescamar

Poio
04 de outubro 2025

Unha proposta saborosa e equilibrada, ideal como entrante ou prato único, que combina capas de verdura e un cremoso bechamel co inconfundible sabor do atún en tomate Pescamar

Cazola gratinada
Cazola gratinada / stockking en Freepik

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, cunha proposta de receita que se serve quente e é perfecta como entrante ou prato único: Cazola gratinada con bechamel de atún en tomate Pescamar.

O atún en tomate Pescamar achega a esta receita o seu inconfundible sabor e textura zumenta e permítenos gozar de todas as propiedades do atún, como o seu alto contido en proteínas de gran valor biolóxico e a súa riqueza en Omega-3.

Atún en tomate Pescamar
Atún en tomate PescamarConservas Pescamar

Ingredientes:

- 2 latas de Atún en tomate Pescamar

- 2 patacas medianas

- 1 cabaciña grande

- 2 ovos cocidos

- 60 g de manteiga

- 60 g de fariña

- 500 ml de leite enteiro

- Queixo mozzarella relado

- Sal, pementa e noz moscada

- Aceite de oliva virxe extra

- Follas de eiruga (para decorar)

Preparación:

Pelamos as patacas e cortámolas en láminas moi finas. Rebandamos tamén a cabaciña en rodas do mesmo grosor.

Nunha tixola ampla cunhas pingas de aceite, marcamos lixeiramente as rodas de cabaciña e pataca por ambos lados, só ata que estean algo tenras pero sen chegar a dourarse. Reservamos.

Para preparar o bechamel, derretemos a manteiga nun cazo e engadimos a fariña. Cociñamos durante un minuto sen deixar de remexer. Incorporamos o leite aos poucos e batemos con variñas ata obter unha crema suave. Engadimos o contido das latas de Atún en tomate Pescamar, incluída a salsa, e removemos ben. Salpementamos ao gusto e botamos un chisco de noz moscada. Reservamos.

Pelamos os ovos cocidos e picámolos finamente. Reservamos.

Nunha cazola de barro, comezamos a montaxe por capas: primeiro unha base de pataca, logo cabaciña, unha capa lixeira de ovo picado, e unha cullerada xenerosa do bechamel de atún en tomate Pescamar. Repetimos ata completar dúas ou tres capas, segundo a altura do recipiente.

Finalizamos cubrindo cunha capa de bechamel e queixo relado.

Levamos ao forno prequentado a 180 ºC durante 20-25 minutos, ata que a superficie estea gratinada e dourada.

Retiramos do forno e decoramos cun anaco de ovo cocido e unhas follas frescas de eiruga.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.

Cazuela gratinada
Cazola gratinadastockking en Freepik