O CCA Estrela de Marín abre un posto presencial para facilitar a obtención de Bonos Comercio

Marín
10 de marzo 2026
Actualizado: 18:12

A caseta estará dispoñible este mércores 11 e xoves 12 na Praza de Abastos de 10:30-13:00 horas. O obxectivo é axudar a tramitar os Bonos Comercio e reducir a fenda dixital entre os veciños

Escaparate dun comercio de Marín
Escaparate dun comercio de Marín / Concello de Marín

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín instalará este mércores 11 e xoves 12 de marzo unha caseta na Praza de Abastos para axudar a tramitar os Bonos Comercio e reducir a fenda dixital entre os veciños.

O horario será de mañá, de 10:30 a 13:00 horas.

Durante estas xornadas, calquera persoa poderá comprar un cartón físico precargada con 30 euros pagando só 20.

Esta iniciativa, sinalan desde o CCA, está pensada para quen teñen dificultades co proceso online, garantindo que toda a cidadanía acceda ao desconto e poida apoiar ao comercio local.

A entidade lembra que o prazo vence este venres 13 ás 21:00 horas, polo que urxe achegarse á caseta para resolver dúbidas e obter o cartón antes do fin da campaña.

O custo total dos 600 bonos cóbreo o Concello de Marín, coa cofinanciación da Xunta vía Comercio Galego.

O programa xa mobilizou máis de 13.000 euros en vendas para os comercios asociados.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora