Para CCOO, "sobran motivos para saír a rúa" cunha clase traballadora "cada vez máis empobrecida, pasiva e dividida"

Pontevedra
01 de maio 2025
Actualizado: 02 de maio

O sindicato lamenta que "sufrimos outro apagamento, do movemento obreiro e sindical ante unha situación límite e dramática para a maioría traballadora" na comarca e no conxunto de España

Manifestación de CCOO o 1 de maio de 2025
Manifestación de CCOO o 1 de maio de 2025 / Cristina Saiz

O sindicato CCOO foi o primeiro en saír á rúa este 1 de maio en Pontevedra. Partiron en manifestación ás 11.00 horas cunha asistencia, segundo o seu secretario xeral, Omar Vázquez, "en sintonía con outros ano, mesmo un pouquiño máis"

O responsable de CCOO lamentou que "o 1º de maio, lastimosamente, converteuse máis nunha celebración festiva ou nun paripé que hai que cumprir", pero defendeu que para o seu sindicato, non é así.

"Nós creemos que sobran motivos para saír a rúa", sinalou.

Así, sinalou que "temos unha clase traballadora cada vez máis empobrecida, cada vez máis pasiva e cada vez máis dividida" e todo "nun momento crítico e límite para toda a maioria traballadora, non só na nosa comarca, senón en todo o país".

Percorreron a cidade con pancartas como "Non aos abusos de Bandalux" ou "Ence en Lourizán" e, na praza de San José, leron un manifesto reivindicativo que, no seu caso, foi diferente ao que usou CCOO no resto de Galicia.

"Antes de nada, quero informarvos de que sufrimos outro apagamento. Un apagamento do movemento obreiro e sindical #ante unha situación límite e dramática para a maioría traballadora", lamentaron desde este sindicato, en alusión ás outras manifestacóns convocadas na cidade. 

DIVISIÓN SINDICAL

Sobre ese asunto, a división sindical, Omar Vázquez sinalou ao inicio da manifestación que "é certo que é unha vergoña para todos que haxa tanta división sindical", pero xustificouna polo contexto especifico de Pontevedra.

"Temos que ter en conta tamén o contexto de cada sindicato", sinalou Vázquez, que dixo da CIG que se manifesta, segundo as súas propias palabra, "por unha industria que fixa emprego na comarca, contra unha desertificación industrial que crítica", pero, en Pontevedra, "xunto co BNG, defenden exactamente todo o contrario".

En relación con UGT, sindicato co que noutras localidades van unidos, asegurou que "por sorte, rompemos relación, xa tamén por dignidade", pois, ao seu modo de ver, "están reconvertidos en pouco máis que en sicarios da patronal, pactando eleccións coas empresas, para ter representación a calquera prezo, ou con delegados que actúan case como encargados das propias empresas".

"Con este xente, agora mesmo non podemos compartir líña de batalla", asegurou. 