CCU Zona Monumental reclama a limpeza do centro histórico ante unha suciedade "insoportable"

Pontevedra
02 de setembro 2019

Denuncian contedores rotos, solos sucios e olores nauseabundos. Ademais, indican que a campaña de recollida de sinaturas polo peche da ponte do Burgo está a resultar un éxito e mantén a súa petición dun paso provisional peonil

Miguel Lago, presidente de CCU Zona Monumental
Miguel Lago, presidente de CCU Zona Monumental

O Centro Comercial Urbano Zona Monumental que preside Miguel Lago reclama ao Concello de Pontevedra unha limpeza a fondo das rúas e prazas de todo o centro histórico. 

Desde este colectivo de empresarios afírmase que as rúas da zona vella se atopan nun estado de sucidade que xa é "insoportable" e describen a presenza de contedores de lixo rotos, cheiros "nauseabundos" e solos en condicións lamentables. Sinalan que levan dous meses pedindo esta limpeza ao goberno local sen éxito.

RECOLLIDA DE SINATURAS

Desde a Zona Monumental cualifican de éxito a campaña de recollida de sinaturas que emprenderon tanto veciños e comerciantes do centro histórico como da zona do Burgo. Reclaman un paso provisional peonil mentres duren os traballos de rehabilitación da ponte do Burgo.

A asociación que preside Miguel Lago sinala que esta medida non ten ningunha intención de ampliar os prazos da obra e perder os Fondos Europeos, que financian os traballos.

Insisten en que estas obras están a ocasionar graves danos económicos aos dous lados da ponte, ao obrigar aos residentes para dar grandes rodeos para acceder aos seus lugares habituais de traballo, de consumo e de lecer. Este cambio de hábitos, aseguran, están a repercutir "moi negativamente" en ambas as beiras do río Lérez.