O cemiterio de Lourizán loce unha imaxe renovada tras os labores de mantemento e acondicionamento ás que se someteu.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou este mércores a instalación.
Alí xplicou que estas actuacións de limpeza, pintado e mellora realízanse de maneira regular durante todo o ano para que estean preparados para o 1 de novembro, Día de Todos os Santos.
Estes traballos son realizados de forma regular durante todo o ano polos funcionarios municipais, que se encargaron de pintar as reixas e portais de entrada, así como de todos os muros que se atopaban en malas condicións.
Tamén levou a cabo a reparación da iluminación e o arranxo dos farois.
O alcalde lembrou que este foi un dos primeiros cemiterios en instalar luces LED hai anos, polo que os farois precisaban un arranxo, quedando agora practicamente todas reparadas ou substituídas.
Fernández Lores puxo en valor o carácter "histórico" deste cemiterio e as súas "vistas preciosas á ría de Pontevedra", asegurando estar "encantado" co resultado final das obras.
Finalmente, agradeceu o traballo da concelleira da área de Cemiterios, Anabel Gulías, e de José González, xefe do servizo municipal, á vez que eloxiou o "excelente labor" que están a realizar en materia de xardinaría e adecuación do espazo público.
O obxectivo, asegurou, é garantir que quen visite a instalación dispoña de todo o necesario para pór as flores e arranxar as sepulturas dos seus seres queridos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.