Baixo o lema "Desexos ao ceo", a Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO) soltou este domingo na Praza da Ferrería de Pontevedra 100 "globos solidarios", que elevaron os "Desexos de Vida" escritos polas persoas que se achegaron á praza ao mediodía.
Foi un xesto solidario de fomento permanente da doazón altruista. Asampo tamén dispuxo dun punto de información de interese público sobre a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
A Asociación de Amigos da Pontevedrada é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa en diversas iniciativas solidarias ao longo do ano, co único obxectivo de concienciar á poboación da importancia da doazón altruísta para fomentar e preservar a vida.