Centos de persoas réndense á Peregrina polas rúas da cidade no seu día grande

Pontevedra
13 de agosto 2023

A procesión máis solemne e clásica das Festas da Peregrina congregou este domingo por centos de persoas polas rúas de Pontevedra. A comitiva partiu do santuario da Virxe e, durante todo o seu percorrido, estivo arroupada por unha multitude de pontevedreses

Procesión vespertina da Virxe Peregrina 2023
Procesión vespertina da Virxe Peregrina 2023 / Diego Torrado

A procesión máis solemne e clásica das Festas da Peregrina congregou este domingo por centos de persoas polas rúas de Pontevedra. A comitiva partiu do santuario da Virxe e, durante todo o seu percorrido, estivo arroupada por unha multitude de pontevedreses.

A carroza procesional paseou á patroa da provincia no seu día grande mentres a acompañaban numerosas autoridades como o presidente e o vicepresidente da Deputación, Luís López e Rafa Domínguez; o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera; e a alcaldesa de Marín, María Ramallo.

Non faltaron á cita coa patroa da provincia varios deputados provinciais do PP e a práctica totalidade dos concelleiros do PP en Pontevedra, Pepa Pardo, Silvia Junco, Guille Juncal, Martín Martínez, Juan Manuel Muñoz, Silvia Crespo, Iago Acuña, Beatriz Rey e Aroa Otero. 

O paso da Virxe estivo precedido e custodiado por corpos militares e policiais da Garda Civil, a Policía Nacional, a Escola Naval Militar de Marín e a Brigada Galicia VII Brilat (co seu xeneral, Alfonso Pardo de Santayana Galbis, á fronte) con uniforme de gala.

Esta procesión vespertina está marcada polas tradicións e a máis vistosa volveu conquistar a devotos e curiosos, a danza gremial das cintas.