Centos de persoas xa trocaron o seu premio por mercar na Zona Monumental

Pontevedra
28 de decembro 2020

A Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental fai unha chamada para que as compras se realicen nos negocios locais adheridos á campaña 'Este Nadal merca na Zona Monumental' ata o 5 de xaneiro. Con cada compra recíbese un boleto que pode estar premiado con 10 euros, un kit anti-covid ou unha bolsa reutilizable

Premios da campaña 'Este Nadal merca na Zona Monumental' CCU Zona Monumental

A Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental comunica que centos de clientes xa se pasaron polas súas oficinas na rúa Serra, número 1, a recoller o seu premio dentro da campaña 'Este Nadal merca na Zona Monumental'.

Así mesmo, animan a tanto aos visitantes como aos pontevedreses a que sigan realizando as súas compras do Nadal nos negocios locais e poder tamén beneficiarse dos premios, tanto directos como por sorteo, que compoñen esta campaña. Coas súas compras recibirán un boleto que pode estar premiado con 10 euros, un kit anti-covid ou unha bolsa reutilizable.

Os establecementos participantes son 59, entre comercios, negocios hostaleiros e de alimentación, localizados no Centro Histórico e a súa contorna.

A listaxe de establecementos participantes está dispoñible na web do CCU Zona Monumental ou tamén se poden situar a través do cartel identificativo da campaña que locen en lugares visibles para a clientela.

A campaña comezaba o pasado 15 de decembro e prolongarase ata o próximo 5 de xaneiro.

'Este Nadal merca na Zona Monumental' está a repartir os seguintes premios:

  • 200 premios de 10 euros para gastar nos establecementos participantes na campaña e cuxos nomes pódense consultar na web: www.ccuzonamonumental.es. Estes 10 euros serán abonados polo CCU Zona Monumental. Non serán válidos para gastar no establecemento que selou o boleto.
  • 500 kit anticovid formados por máscara, porta-máscara e xel. O cliente premiado poderá recollelo presentando o boleto na sede da Asociación situada na rúa Serra, nº 1, baixo, de luns a venres de 11 a 14 horas.
  • 500 bolsas reutilizables. O cliente premiado poderá recollelo presentando o boleto na sede da Asociación.

 

No caso de que non se obtivese premio directo, poderase optar a gañar 10 vales compra de 20 euros cada un para volver gastar nos establecementos participantes, no sorteo que se efectuará o 8 de xaneiro ás 13 horas na sede da asociación.