Cerdedo-Cotobade celebra o Día da Muller co documental 'Coma min, moitas'

Cerdedo Cotobade
08 de marzo 2020

A sala de usos múltiples de Carballedo acolleu a proxección do documental, rodado durante o campo internacional de traballo do 2019 que tivo lugar no  municipio cotobadés

Proxección do documental 'Coma min, moitas' en Carballedo
Proxección do documental 'Coma min, moitas' en Carballedo / Xunta de Galicia

A sala de usos múltiples de Carballedo foi escenario este domingo da proxección do documental 'Coma min, moitas', dentro da programación municipal de Cerdedo-Cotobade con motivo do Día Internacional da Muller.

Este traballo audiovisual rodouse durante o campo internacional de traballo do 2019 que tivo lugar no municipio  cotobadés, narrando as experiencias de tres veciñas do  Concello en materia de igualdade.

O traballo está coordinado por Julia Castro, Xabi López e Miguel Grandío.

Á proxección acudiu a directora xeral d  Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel, destacando a importancia de concienciar á mocidade sobre o papel da muller na sociedade como camiño para lograr unha maior igualdade.