César Mosquera afirma que o Pontevedra CF debe asumir o mantemento de Pasarón

Pontevedra
25 de marzo 2014

"O Estadio de Pasarón está entregado e baixo a xestión do Concello dende finais de 2012", concretamente dende outubro daquel ano, explicou o concelleiro de Infraestructuras, César Mosquera, tratando de aclarar esta cuestión

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na inauguración de Pasarón
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na inauguración de Pasarón / Deputación de Pontevedra
O Concello afirma que o Pontevedra CF debe asumir o mantemento de Pasarón /

"O Estadio de Pasarón está entregado e baixo a xestión do Concello dende finais de 2012", concretamente dende outubro daquel ano, explicou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, tratando de aclarar esta cuestión.

"ÿ unha propiedade municipal que o único que se fixo foi poñela a disposición da Deputación e que ésta unha vez que entende que acabou as obras cesou esa posta a disposición", engadiu.

O concelleiro pontevedrés avala o argumentado pola Deputación cando asinou a acta de recepción das obras, é dicir que Pasarón é responsabilidade do Concello de Pontevedra.

Do mesmo modo, Mosquera afirma que a institución provincial asumiu durante máis dun ano un custo que non lle correspondía, aínda que matiza que tampouco é responsabilidade do Concello, senón do Pontevedra Club de Fútbol.

Segundo o convenio asinado entre Concello e Deputación o mantemento do estadio, é do Pontevedra CF, como vén facendo dende o ano 1962.