Chamamento unánime a participar nunhas eleccións europeas nas que "nos xogamos moitísimo"

Pontevedra
09 de xuño 2024

Como en calquera cita electoral que se prece, os principais actores políticos da nosa cidade fixeron un chamamento á participación dos cidadáns. Todos eles coincidiron en destacar a importancia destas eleccións europeas para o futuro do país

Alfonso Rueda, acompañado da súa muller e das seas fillas, chega a votar nas eleccións europeas
Alfonso Rueda, acompañado da súa muller e das seas fillas, chega a votar nas eleccións europeas / PArtido Popular

Como en calquera cita electoral que se prece, os principais actores políticos da nosa cidade fixeron un chamamento á participación dos cidadáns. Todos eles coincidiron en destacar a importancia destas eleccións europeas para o futuro do país.

O primeiro en exercer o dereito ao voto en Pontevedra foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que votou ás nove e media da mañá en Marcón.

A candidata do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, animou a ir votar nestas eleccións europeas "por Galicia, polas causas xustas da humanidade, polo antifascimo, pola paz e para que remate o xenocidio en Gaza".

Miranda votou no colexio electoral do Centro Social de Bouzas, en Vigo, onde acudiu sobre as dez da mañá coa súa filla, e asegurou que vota "con ilusión, con esperanza e con futuro" para que Galicia "volva a ter unha voz propia non Parlamento europeo".

En Pontevedra votou tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Fíxoo ao mediodía no Centro Galego de Tecnificación Deportiva acompañado, como é habitual, acompañado da súa muller e das súas dúas fillas.

Nesta ocasión, tamén lle arrouparon dous dos candidatos do PP ao Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez; mentres que o portavoz popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, acudiu a votar ao colexio electoral de Ponche Muíños.

Tras depositar o seu voto na urna, Rueda pediu un "pequeno esforzo" aos galegos para que "dediquen 10 ou 15 minutos" a votar nestes comicios que, segundo reiterou, "son moi importantes para Europa" e neles Galicia e España "xóganse moitísimo".

Pola súa banda, o candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, depositou o seu voto en Lalín, onde destacou a importancia do voto para decidir "o futuro da Europa que queremos" e para reforzar o "proxecto máis grande na historia de paz e de democracia".