Chaman a unha "deseucaliptización simultánea" con motivo do Día Mundial dos Bosques

Ponte Caldelas
16 de marzo 2019

A rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, propón celebrar o Día Mundial dos Bosques cunha "Deseucaliptización Simultánea" por toda Galicia

Plantación simbólica de eucaliptos na Ferrería PontevedraViva

A rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, propón celebrar o Día Mundial dos Bosques cunha "Deseucaliptización Simultánea" por toda Galicia. 

Esta plataforma, conformada por máis de 60 entidades, convida a centros educativos, colectivos, asociacións, plataformas e particulares a promover iniciativas de eliminación de eucaliptos e doutras plantas invasoras dos montes galegos durante a vindeira semana.

Entre outras citas teñen previsto actuar o 23 de marzo na parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade e no monte de Gradín, en Ponte Caldelas.

O vindeiro xoves, 21 de marzo, é o Día Mundial Forestal ou dos Bosques, declarado así pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para homenaxear a importancia de todos os tipos de bosque e intentar xerar conciencia ao respecto, no plano individual e colectivo, instando tamén ás administracións públicas a promover iniciativas que favorezan, protexan e respalden os bosques.