Integrantes da Plataforma SOS pola Sanidade Pública concentráronse na praza da Peregrina este domingo 1 de novembro para invitar aos pontevedreses a que participen na manifestación convocada para o próximo 13 de novembro ás 20.15 horas.
Este colectivo reclama un maior investimento por parte da Xunta de Galicia nos hospitais de Pontevedra coa ampliación do Hospital Montecelo convertíndoo en Hospital único, deixando o Provincial como un centro para asistencia ambulatoria ou para tarefas administrativas.
Desde a plataforma reclaman que se abandone definitivamente o proxecto do Hospital de Monte Carrasco tomando como exemplo os inconvenientes xurdidos no novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Consideran que este modelo de xestión sanitaria non funciona ao estar apoiada por intereses privados e reclaman un sistema sanitario público de garantías.