A Casa de Cultura de Riomaior será o escenario dunha importante mostra que pon o foco nunha das lacras máis graves da nosa sociedade: a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual.
A exposición "Chicas nuevas 24 horas" inaugurarase o vindeiro 16 de decembro ás 19:00 horas e permanecerá aberta ao público ata o día 30.
A iniciativa, impulsada polo Concello de Vilaboa a través da Concellería de Igualdade, inclúe unha serie fotográfica que documenta a cruel realidade da compra e venda de mulleres e nenas para a súa explotación sexual.
Como complemento á mostra, proxectarase de xeito gratuíto o documental homónimo o día 20 de decembro ás 19:00 horas, que recolle testemuños directos de vítimas de diversos países como España, Arxentina, Perú, Colombia e Paraguai.
Carmen Gallego, concelleira de Igualdade, destaca a importancia desta actividade para "erradicar a imaxe de sexualidade asociada a pornografía e violencia que cada vez máis se consume pola xente xoven a idades temperás".
O programa, producido e guionizado pola prestixiosa cineasta Mabel Lozano -galardoada cun Premio Goya polo seu traballo "Biografía del cadáver de una mujer"-, forma parte do Plan de Igualdade para a Cidadanía do Concello.
A exposición terá un especial enfoque educativo, xa que o alumnado da ESO participará en visitas programadas os días 17 e 18 de decembro.
Deste xeito, o Concello de Vilaboa reafirma o seu compromiso coa loita contra a violencia machista e a sensibilización da poboación, especialmente da mocidade, ante esta grave problemática social.
A mostra está aberta ao público en xeral e dende o Concello anímase á veciñanza a visitala e participar nas actividades programadas, contribuíndo así á concienciación social.