A Praza dos Barcos de Sanxenxo rexistrou, como é habitual, un cheo absoluto para celebrar unha nova edición, o número 43, da tradicional Feira da Cebola.
A choiva que, por momentos ameazou con aparecer, respectou esta festa, enmarcada dentro da celebración do día de Santa Rosalía.
Os 43 postos de venda de produtos da horta, coas cebolas como protagonistas, deron boa conta do produto e, antes do mediodía, algúns xa estaban completamente baleiros.
No marco desta Feira da Cebola entregáronse ademais os premios do concurso ao posto mellor decorado, a ristra de cebolas máis longa e a cebola máis grande.
María Angustias Pintos Arousa presentou a cebola máis grande (1.408 gramos), mentres que a ristra máis longa foi a de Yudith Dos Reis Fernández (192,10 metros).

Pola súa banda, Encarnación Cacabelos e o seu 'Albariño do mar' foi a composición artística preferida polo xurado e o mellor posto presentado foi o de María Elisa García Buezas.
Os centos de persoas que abarrotaron este xoves a Praza dos Barcos e a contorna portuaria asistiron tamén ao acto de entrega das Cebolas de Ouro, concedidas este ano ao profesor Pepe Álvarez e á 'ceboleira' Maruja Cacabelos.
O alcalde, Telmo Martín, foi o encargado de colocarlle a insignia de ouro a Maruja Cacabelos que dedicou, visiblemente emocionada, o premio ao seu marido Feliciano Pombo, recentemente falecido, co que compartiu moitos anos na Feira da Cebola.
"Que contento estarías hoxe se estiveras aquí comigo", sinalou a homenaxeada, que agradeceu o premio "a todas esas persoas que pensastedes en min para darmo".

O delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, entregoulle o galardón a Pepe Álvarez, que se acordou do seu alumnado e dos seus compañeiros ao longo de 34 anos de docencia.
Incidiu en que "é moi importante saber matemáticas, historia... pero o máis importante é ser boa persoa e respectar aos demais por enriba das diferenzas" e, na mesma liña, insistiu en que a diversidade "nunca debe ser unha fonte de conflitos senon de enriquecemento".
Martín pechou o acto destacando que "hai algo que une a Maruja e a Pepe e é ou seu amor por Sanxenxo, achegando o que mellor saben facer", ela pola súa achega ao campo e o seu esforzo por ter ou mellor produto e o por deixar unha fonda pegada nos seus alumnos.
A maiores, o alcalde sinalou a importancia do papel das 'ceboleiras' en cada edición desta festa, porque "sen elas isto non sería posible".

Asistentes á edición número 43 da Feira da Cebola

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.