O mercado municipal de Pontevedra encheuse este sábado con motivo da 'I Feria Vintage de Boa Vida, Roupa ao peso', que organizou a entidade Boa Vida Inclusión Activa como unha proposta de moda sostible con impacto social e ambiental.
O público foi maioritariamente feminino e por momentos o éxito foi tal que resultaba difícil moverse polo primeiro andar do mercado.
Baseada no concepto de compra de roupa ao peso, esta feira ofertou durante toda a mañá unha ampla oferta de pezas únicas, antigas e reutilizadas para toda a familia.
As propostas que máis éxito tiveron foron as de venda de vestidos e fulares a 2x1 e tamén os postos de venda de pezas a cinco euros.
Desta maneira, estas prendas reciben unha segunda vida e foméntase un modelo de consumo responsable da industria téxtil, baseado na moda circular como ferramenta de cambio.
A feira contou cunha banda sonora particular de música en directo e tamén incluíu a proxección de vídeos divulgativos sobre o impacto ecolóxico e social da produción téxtil.

I Feira Vintage Boa Vida no mercado municipal