Cidadáns e Galicia En Común Podemos repiten cartel para as xerais do 10 N

Pontevedra
08 de outubro 2019

Yolanda Diaz Pérez encabezará a candidatura da alianza morada e Beatriz Pino será a cabeza de lista no partido laranxa. Os partidos presentaron este luns, último día de prazo, as súas listas, e volven apostar polas dúas candidatas que xa se presentaron o pasado 28 de abril e que, en ambos os dous casos, saíron elixidas deputadas 

Yolanda Díaz, votando nun colexio de Ferrol nas eleccións do 28A
Yolanda Díaz, votando nun colexio de Ferrol nas eleccións do 28A /

Sen cambios nos carteis electorais de Galicia en Común Podemos e Cidadáns pola provincia de Pontevedra de cara ás próximas eleccións xerais do próximo 10 de novembro. Yolanda Diaz Pérez encabezará a candidatura da alianza morada e Beatriz Pino será a cabeza de lista no partido laranxa

Os partidos presentaron este luns, último día de prazo, as súas listas, con novidades no resto dos seus integrantes, pero volven apostar polas dúas candidatas que xa se presentaron o pasado 28 de abril e que, en ambos os dous casos, saíron elixidas deputadas. 

A lista de Galicia en Común reforza a presenza de perfís do municipalismo e do espazo do cambio. No caso da provincia de Pontevedra, a lista ao Congreso lidéraa a ferrolá Yolanda Díaz e no número dos irá a ex deputada pontevedresa Ánxela Rodríguez, Pam. Seguiranas na candidatura, por esta orde, Jaime Cabeza Pereiro, Verónica Hermida Longa, Alberto García Álvarez, María Luisa Lores Aguin e Juan José Rodriguez Castro.

A lista para Senado estará encabezada, ao igual que hai seis meses, pola pontevedresa Vanessa Angustia Gómez. Os números dous e tres da lista serán Óscar González Álvarez e Elsa Liliana Vázquez Lorenzetti.

No caso de Cidadáns, que o pasado 28 de abril, logrou un deputado por Pontevedra, volve apostar pola xornalista viguesa Beatriz Pino Ocampo. Os seguintes na candidatura ao Congreso serán, por esta orde, Javier Alonso, Luis Gil, Rocío Benito, Diana María Otero, Modesto Comesaña e Vanessa Rodríguez Bua. 

En canto ás listas para o Senado, a cabeza de cartel será Elena Posada e irá tamén na candidatura, de número dous, o actual concelleiro de Pontevedra Gregorio Revenga. O tres será o tamén pontevedrés Luis Miguel Pérez Lamas.