Cidadáns non negociará co BNG os orzamentos municipais de Pontevedra

Pontevedra
07 de novembro 2018

A negativa de Cidadáns fundaméntase no rexeitamento do BNG a aprobar un novo PXOM, a reducir os lombos na cidade, a non mellorar os servizos sociais ou non facer unha promoción económica "seria", polo que María Rey entende que "pouco ou nada teño que ver con eles"

María Rey e César Mosquera no pleno municipal Mónica Patxot

Do mesmo xeito que ocorreu o ano pasado, Cidadáns non sentará a negociar os próximos orzamentos co goberno municipal.

A concelleira María Rey sinalou que "hai algunhas liñas vermellas que non imos pasar" e entende que "perder o tempo non é o noso".

A negativa de Cidadáns fundaméntase no rexeitamento do BNG a aprobar un novo PXOM, a reducir os lombos na cidade, a non mellorar os servizos sociais ou non facer unha promoción económica "seria", polo que Rey entende que "pouco ou nada teño que ver con eles".

Desde Cidadáns vaticinan que o orzamento de 2019 será un "curta e pega" de anos anteriores e reiteran que non son as contas máis adecuadas para resolver os problemas dos pontevedreses.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora