Ciencias da Educación e do Deporte acolle en outubro un curso de lingua de signos

Pontevedra
19 de setembro 2016

A inscrición permanece aberta, ata completar as prazas dispoñibles, na plataforma Bubela

Participantes na anterior edición do curso de língua de signos
Participantes na anterior edición do curso de língua de signos /

Sensibilizar a estudantes e profesionais do ensino dunha "discapacidade invisible" como é a auditiva e inicialos na lingua de signos como unha ferramenta ao servizo da inclusión na escola son os dous obxectivos centrais do curso complementario en inclusión educativa da discapacidade auditiva, que tras celebrar as súas dúas primeiras edicións no campus de Ourense trasládase en outubro á Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

Aberto a un máximo de 45 participantes, este curso de 30 horas está especialmente dirixido a mestres e futuros mestres.

O curso se impartirá no campus entre o 10 e o 25 de outubro.

Aprender a saudar, a presentarse, a describir unha persoa ou a contorna que nos rodea empregando a lingua de signos española, constitúen a base do programa deste curso de nivel básico. 

É unha actividade aberta a calquera persoa interesada. Os interesados pódense inscribir na plataforma Bubela. O seu período de inscrición é ata o 6 de outubro ou ata completar a cota máxima de 45 participantes.