A Confederación Intersindical Galega (CIG) protagonizou este 1 de maio a máis numerosa das catro manifestacións que saíron á rúa en Pontevedra reivindicando unha postura "pacifista" e totalmente contraria ás "políticas neoliberais" que provocan espolio dos recursos de Galicia.
O seu secretario comarcal, Marcos Conde, sinalou que o 1 de maio é unha data "festiva e de reivindicación", á que outorgan unha grande importancia dentro do calendario de mobilizacións do ano pola importancia de poñer o foco nos temas máis actuais e destacados da actualidade sindical e laboral.
A mobilización, que saíu da rúa Pasanteria e rematou na Praza do Teucro, contou coa presenza dunha ampla representación do BNG, entre eles, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o ex rexedor de Poio, Nito Sobral; e concelleiros da comarca.
Este ano queren poñer o foco nas distintas guerras que se están dando en todo o mundo, que "non deixan de ser unha mostra do que o capitalismo pretende facer", pois considera que "con esa excusa está afianzando un modelo neoliberal en todo el mundo".
"Como traballadores e traballadoras, observamos que o único que estamos obtendo son unha precarización e pobreza", lamenta Conde, que insiste na "posición pacifista" da CIG, "oposta á solución belixerante dos conflitos, buscamos unha solución dialogada".
Por outra banda, Conde quixo poñer o foco nos "problemas do día a día" derivados desas "políticas neoliberais" que denuncian que están derivando nun "empobrecemento absoluto" e "precarización" da clase traballadora.
Puxo sobre a mesa tamén a problemática da vivenda, as dificultades para alugar e mercar que ten calquera traballador e a falta de políticas neste eido do actual goberno estatal, que se presenta como "o goberno máis progresista", pero "vemos que non é así".
Así, por exemplo, cuestiona que anunciaran para esta semana a aprobación da redución da xornada laboral a 37,5 horas e finalmente se adiara. "Nós dicimos que ese anuncio é completamente baleiro, é moi chamativo, deslumbrante, pero non é realista", denuncia Marcos Conde.
A CIG quixo amosar tamén a súa postura contraria á factoría de Altri á política de enerxía e a politicas "con carácter absolutamente de colonia" do Goberno central con Galicia. Fronte a todo iso, demandan "soberanía para a Galiza, para decidir por nós mesmos o que nos interesa".
DIVISIÓN SINDICAL
Sobre a división sindical que convocou este xoves catro manifestación distintas en Pontevedra, de CIG, UGT, CCOO e CGT, Conde lembrou que a súa central sindical leva xa "moito tempo" convocando por separado.
Particularmente, gustaríalle "que todas as manifestacións foran moi concurridas" e considera que coa asistencia demostrada á súa lograron "demostrar músculo".
Descarta manifestarse con UGT ou CCOO porque "ao noso modo de ver, son cómplices, dando por boas moitas das reformas que nos están levando a esta precariedade".

Manifestación de CIG o 1 de maio de 2025