O Equipo contra o Crime Organizado (ECO) Galicia da Garda Civil está a desenvolver este luns unha operación contra o tráfico de drogas na comarca do Salnés que suma, ata o momento, cinco persoas detidas en distintos puntos.
O operativo conta co apoio da Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC) de Pontevedra, que deu soporte aos investigadores de ECO durante os rexistros realizados durante a mañá en distintas localidades da comarca. Segundo puido saber PontevedraViva, realizáronse tres rexistros en distintos puntos entre eles, Cambados e Vilagarcía de Arousa.
En Vilagarcía de Arousa, axentes da Garda Civil entraron a media mañá no coñecido como edificio Lara, na rúa Edelmiro Trillo. Polo menos á súa saída, acompañáballes unha persoa detida.
Segundo confirmaron fontes da investigación, este operativo de ECO Gailcia -unidade dependente da Unidade Central Operativa ( UCO) Central- é en realidade unha continuación doutro realizado no pasado. Trataríase de flocos pendentes dunha investigación anterior, aínda que non transcendeu de cal .
A operación continúa aberta.