Cinco persoas evacuadas nun accidente entre un guindastre e un autobús na PO-531

O Salnés
20 de agosto 2025
Actualizado: 20:38

O sinistro rexistrouse este mércores 20 arredor das 16.30 horas en Meis coa intervención de múltiples servizos de emerxencia

Estado en que quedaba o autobús Servizos de Emerxencias

Efectivos do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudían este mércores para intervir na axuda ás persoas feridas nun accidente de tráfico rexistrado ás 16.36 horas na estrada PO-531 ao seu paso polo municipio de Meis, segundo informaba o 112 Galicia.

Como resultado do sinistro, cinco persoas foron evacuadas ao Hospital do Salnés por ambulancias do 061.

Entre as persoas afectados figura o condutor do guindastre, M.B.V., de 42 anos e veciño de Vilagarcía, así como catro pasaxeiros que viaxaban no autobús que realiza a ruta entre Vilagarcía de Arousa e Pontevedra.: A.I.F.G., M.A.D.P., F.L.D. e D.G.F.

O impacto rexistrábase na recta da Goulla, situada na parroquia de San Lourenzo de Nogueira.

Tras o impacto, o guindastre terminaba fóra da estrada nunha leira mentres o autobús presentaba numerosos danos nun lateral da parte dianteira.

Os servizos de Emerxencias acudían ao lugar do impacto entre o bus e o guindastreServizos de Emerxencias

Na intervención colaboraron diversos servizos de emerxencia, incluíndo as ambulancias do 061, a Garda Civil de Tráfico, o equipo de Ateigados e o servizo de Mantemento de Estradas.

O dispositivo de emerxencia despregouse para atender aos feridos e restablecer a normalidade na circulación de tráfico na vía ao longo da tarde.

O guindastre finalizou nunha leiraServizos de Emerxencias
Parte lateral do autobús danada tras o impactoServizos de Emerxencias