Ferida unha moza nun accidente de tráfico en Cambados

O Salnés
19 de xullo 2025
Actualizado: 9:22

A moza foi trasladada ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061 con dores na zona lumbar, cervical e torácica

Accidente en Vilariño
Accidente en Vilariño / Servicio de Emerxencias de Cambados

Unha muller de 22 anos resultou ferida este venres nun accidente de tráfico rexistrado en Cambados.

Segundo informaron desde o Servizo de Emerxencias da localidade, o sinistro tivo lugar na estrada PO-300, á altura da parroquia de Vilariño.

A moza foi trasladada ao Hospital do Salnés por unha ambulancia do 061 con dores na zona lumbar, cervical e torácica.

Accidente de tráfico en Cambados
Accidente de tráfico en Cambados