Coa previsión da chegada á Praza do Mar de 15.000 persoas para asistir ao concerto de Juan Luís Guerra deste sábado en Sanxenxo, a Policía Local elaborOU un dispositivo de mobilidade para garantir un acceso seguro ao evento.
Un plan para o que será necesaria a colaboración dos asistentes ao concerto que disporán de autobuses lanzadeira gratuítos con saída desde o parque empresarial de Nantes (Hiper Nantes), a partir das 17 horas, con parada única na marquesiña de en fronte ao Hotel Terraza para a chegada á vila.
Para a volta, un total de dez autobuses recollerán aos asistentes ao concerto no Paseo de Silgar, desde as 23:30 e até as 2 horas, para levalos ao momento de partida no parque empresarial.
O desprazamento en bus é a alternativa recomendada para moverse ese día polo centro da vila que sufrirá restricións de tráfico desde o inicio do operativo especial, desde as 17 horas e ata que conclúa o concerto, garantindo antes e durante o concerto o acceso aos propietarios de garaxes e servizos.
Ao finalizar, o Paseo de Silgar quedará habilitado só para o tráfico dos autobuses para a saída da vila.
Mantense a prohibición de aparcadoiro en todo o Paseo de Silgar, pero a partir da tarde, os aparcadoiros exteriores con rotación quedarán sen limitación de hora e media de estacionamento ata que conclúa o concerto.

CONCERTO JUAN LUÍS GUERRA
HORA DE INICIO CONCERTO: 21.30 horas
HORA DE FINALIZACIÓN CONCERTO: 00.30 horas
- A partir das 17.00 horas cortarase o tráfico progresivamente no Paseo de Silgar cara ao Porto Deportivo.
- Recoméndase a todos os veciños e visitantes que eviten o vehículo no Paseo de Silgar, no tramo desde Luís Rocafort a Rúa Madrid confluencia con Rúa Cesteiros (Banco BBVA). Salvo garaxes e Servizos de Urxencias.
- O Parking de Nauta manterase aberto ata que se complete o aforamento, unha vez cheo pecharase.
- Desde as 17 horas, habilitaranse autobuses de saída desde o Parque Empresarial de Nantes (Hiper Nantes) á Rúa Progreso (Hotel Terraza). Recoméndase esta alternativa para entrar na vila.
- Unha vez finalizado o concerto e durante o desaloxo do mesmo, por motivos de seguridade, cortarase todo o tráfico rodado de Silgar e Rúa Madrid (salvo servizo de urxencia).
- Só permitirase o acceso ao Porto Deportivo aos usuarios do mesmo, debidamente acreditados.
- En toda a zona azul e vermella do Paseo de Silgar queda terminantemente prohibido parar ou estacionar calquera vehículo, quedando a zona con PREFERENCIA PEONIL
- Á saída do concerto, habilitaranse autobuses de regreso desde o Paseo de Silgar cara ao Parque Empresarial de Nantes, desde as 23.30 ás 02.00 horas.