Cinco usuarios da residencia Soremay, positivos por covid

Pontevedra
09 de agosto 2021

O Servizo Galego de Saúde incluíu este luns no seu boletín diario de información sobre o covid nas residencias de maiores cinco novos casos neste centro pontevedrés

Residencia de maiores Soremay de Pontevedra
Residencia de maiores Soremay de Pontevedra / Cristina Saiz

Tras moito tempo sen ter que contabilizar casos de covid, a residencia Soremay de Pontevedra volveu este luns á lista de centros afectados pola pandemia.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde no seu boletín diario sobre residencias de maiores, cinco usuarios da instalación pontevedresa deron positivo por coronavirus.

Trátase dos únicos novos casos rexistrados nas últimas horas en Galicia en residencias.

Co seu paso ao cómputo global, actualmente son 52 os usuarios de centros de maiores afectados pola covid en Galicia. De todos eles só hai tres casos máis na provincia de Pontevedra, con 2 persoas infectadas na Residencia Bo Día Magnolio de Vigo e outra máis na Residencia Domus VI de Vigo.

Ademais o Sergas mantén no seu balance a 31 usuarios dun centro de discapacidade en Vigo, o Fogar e Clínica de San Rafael.