A filosofía de achegar os Premios Feroz á poboación que guiou durante os dous últimos anos a programación destes galardóns en Pontevedra deu este martes un paso máis.
Estes premios que entrega anualmente a Asociación de Informadores Cinematográficos de España chegaron ao centro penal da Lama perseguindo e logrando un dobre obxectivo: expandir a programación dos Feroz e converter o cine e a cultura en ferramenta para a inclusión social.
Nesta ocasión, foi a película La cena, unha adaptación do director Manuel Gómez Pereira da obra de José Luís Alonso de Santos que ten cinco candidaturas para a gala que se celebrará o sábado, 24, de xaneiro, en Pontevedra. Proxectouse ante 200 internos e internas e logo mantiveron un debate posterior co propio director e co co director dos Feroz, David Carrón.
"O cine fala da vida, dos erros, das decisións difíciles, das segundas oportunidades. E por iso ten tanto sentido esta actividade", resumiu a directora do centro, Teresa Delgado.
Presentou a actividade acompañada pola concelleira de promoción da cidade do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías; Gómez Pereira; e Carrón. E concluíu que este tipo de accións "referendan a importancia de abrir espazos culturais nos centros penais".

Coincide nesta relevancia Anabel Gulías, que lembrou que "a cultura é un dereito tan importante como a sanidade ou a vivenda" e faise fundamental "tentar levar a cultura á máxima xente posible".
Para os internos e internas do centro supuxo unha oportunidade de acceder a material audiovisual de primeiro nivel e de actualidade ao que moitas veces non poden acceder no seu día a día sen liberdade e tamén un pouco de aire fresco dentro da rutina penal.
Un deles, Jose, relatou á prensa tras a proxección que este tipo de accións son "moi importantes" porque "estás entretido, pásaseche moi rápido o día, as horas".
Outro compañeiro dos que asistiu á proxección, Santi, sinalou que "agradecen" poder contar con actividades culturais, que supoñen "saír da rutina", pois "se quedas no módulo, o cárcere cómete".
De actividades pensadas para reinserción e de accións culturais saben moito neste centro, un do tres penais españois elixidos polos ministerios de Cultura e Interior para pór en marcha o proxecto 'Transita Cultura', que busca impulsar a cultura como ferramenta de tratamento, tanto en penas privativas de liberdade como en penas e medidas alternativas, con especial foco nas mulleres.
Manuel Gómez Pereira mostrouse moi agradecido de poder colaborar en lograr ese obxectivo de encher de cultura a prisión pontevedresa e agradeceu a "oportunidade fantástica" de poder presentar a súa película a un público tan pouco habitual.
"O cine é para compartir", insistiu Gómez Pereira, firme defensor da "relación directa co espectador" e de poder coñecer as impresións dos internos e internas.
La cena ten unha formulación co que, segundo David Carrón, os internos e internas poden sentir "un grao de identificación", pois relata como prisioneiros republicanos son liberados por un día do cárcere para organizar un banquete para o ditador Francisco Franco no Hotel Palace de Madrid.
Todo en ton de comedia porque, para o seu director, "a comedia ten moito da vida e na vida hai momentos mellores e peores".
Relatou Gómez Pereira a dificultade de abordar neste ton a realidade da Guerra Civil e o franquismo e tamén que esta película demostra que "con comedia se poden contar cousas moi serias; a comedia é moi seria".
Ademais, mostrou a súa satisfacción por lograr facer finalmente esta película cuxa historia chegou a el xa en 2008 e que, ao estrearse en 2025, "foi unha humilde achega aos 50 anos da morte de Franco".
Un gran de area importante no momento actual, "perigoso", no que hai xente nova que "pensa que se vivía mellor con Franco" e hai "moito ditador que se disfraza de populista".

Actividade dos Premios Feroz no centro penitenciario da Lama

Jose e Santi, internos participantes na actividade dos Premios Feroz no centro penitenciario da Lama