Citan a 7.312 mozos de 29 a 16 anos para vacinarse a semana que ven na área sanitaria

Pontevedra
14 de agosto 2021

Convócanse, por SMS, para recibir a primeira dose da vacina o martes e o venres. Tamén se vacinarán a 6.741 persoas con segundas doses e de repesca

Botes coa vacina contra a covid
Botes coa vacina contra a covid /

A Xunta de Galicia continúa avanzando na vacinación contra a covid 19. Neste sentido, as vacinacións masivas do martes e do venres da semana que vén vai realizar no grupo de idade comprendido entre os 29 e os 16 anos, cun total de 56.320 persoas que serán convocadas para recibir a primeira dose. 7.312 serán novas da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Esta convocatoria realizarase polo método habitual, enviando un SMS ao móbil, non haberá autocita.

O mércores e o xoves será a quenda para a inoculación de segundas doses. 6.741 persoas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

En total está previsto que 114.791 persoas sexan vacinadas en catro días en Galicia.

Na área sanitaria de Pontevedra O Salnés distribuiranse da seguinte maneira: Martes día 17. Rango 29 a 16 anos e repescas. 3.656 persoas; Mércores día 18. Segundas doses. 3.151 persoas; Xoves día 19. Segundas doses. 3.590 persoas; Venres día 20. Rango 29 a 16 anos e repescas. 3.656 persoas.