Cobres, Toural e Santadrán estrean novas beirarrúas ás beiras da N-554

Vilaboa
09 de febreiro 2023

Mellorar a mobilidade e seguridade peonil nos núcleos poboacionais de Cobres, Toural e Santradán. Ese é o obxectivo das obras impulsadas pola Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na N-554, ao seu paso por Vilaboa

César Poza e Maica Larriba, nas novas beirarrúas da N-554
César Poza e Maica Larriba, nas novas beirarrúas da N-554 / Subdelegación do Goberno de Pontevedra

Mellorar a mobilidade e seguridade peonil nos núcleos poboacionais de Cobres, Toural e Santradán. Ese é o obxectivo das obras impulsadas pola Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na N-554, ao seu paso por Vilaboa.

Con esta actuación, segundo explicou este xoves a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, perséguese facilitar o tránsito pola actual estrada, que atravesa diferentes zonas urbanas, e garantir a seguridade dos peóns mediante o ensanche das beirarrúas.

Ademais, mellórase substancialmente a accesibilidade ao núcleo de Cobres, lugar moi transitado pola poboación local pola alta concentración de servizos.

O proxecto supón tamén unha mellora da mobilidade e seguridade peonil nos tramos próximos aos cemiterios de Vilaboa -no barrio do Toural- e de Santo Adrián.

Larriba, que visitou as obras acompañada do alcalde, César Poza, valorou "moi positivamente" a actuación, recordando que era algo amplamente reclamado pola veciñanza.