Cociña e alimentación saudable en Pontevedra co espectáculo musical 'Máis Saaabor!'

Pontevedra
01 de marzo 2026

A obra, dirixida ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria, celebrarase os días 2, 3 e 4 de marzo. Desde Afundación prevén que asistan 2.700 estudantes de 50 centros da comarca de Pontevedra

Protagonistas da obra 'Máis Saaabor!'
Protagonistas da obra 'Máis Saaabor!' / Culturactiva

A obra 'Máis Saaabor!', de Culturactiva Produccións, chega a Pontevedra este mes de marzo da man de Afundación.

O Auditorio da súa sede na Boa Vila acollerá a calebración desta obra dirixida ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria.

Desde a organización teñen previsto que acudan 2.700 estudantes de 50 centros de Pontevedra e a comarca.

As funcións repetiranse os días 2, 3 e 4 do propio mes.

Secuela do exitoso 'Saaabor!', galardoado co Premio do Público en Festiclown 2018, o espectáculo combina música en directo, maxia, humor e ritmo para achegar ao público escolar un saboroso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú.

A través del, queren promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade.

A programación escolar de Afundación reforza, a través das artes escénicas, a formación que o alumnado recibe en aulas, fomentando valores e competencias transversais como o talento, autonomía, solidariedade, creatividade, autoestima e traballo en equipo.

As artes escénicas, ademais, estimulan a observación, o diálogo, a reflexión e as habilidades sociais.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora