Máis de 120 persoas formaron colas desde as 6:00 horas este martes no Hospital Provincial para acceder ás probas libres de fígado graxo (MAFLD), organizado pola área sanitaria de Pontevedra e O Salnés dentro do ciclo 'Pontevedra, quen pasa? 6 expertos en saúde, 6 meses'.
Antes das 9:00 horas, o hall do centro xa era "un formigueiro", segundo describiu un dos asistentes que agardaba a súa quenda.
Aínda que se repartiron números desde primeira hora, a afluencia "superou todas as previsións" e moitas persoas quedaron sen posibilidade de participar.
Quen conseguiron número esperaron durante horas para a ecografía FibroScan e suxeriron, de maneira unánime, que "estas xornadas as poderían facer en dúas ou tres días para que poida ir máis xente e así evitar este colapso".
A iniciativa contou co doutor Javier Crespo, hepatólogo de referencia nacional, ex presidente da Sociedade Española de Patoloxía Dixestiva e xefe do Servizo de Dixestivo do Hospital Universitario Marqués de Valdecilla (Santander).

Pola mañá ofreceu unha clase maxistral en Montecelo titulada 'Enfermidade hepática metabólica: moito máis que unha enfermidade do fígado', e pola tarde, unha charla aberta ao público no edificio da Xunta de Galicia en Benito Corbal.
Participaron tamén a doutora Indhira Pérez Medrano, do Servizo de Aparello Dixestivo do CHOP; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o chef pontevedrés Pepe Solla, quen compartiu consellos sobre alimentación saudable.
O encontro forma parte do ciclo impulsado polo grupo de investigación Idara do IIS Galicia Sur, coordinado polo doutor Juan Turnes, xefe do Servizo de Dixestivo de Pontevedra.
O seu obxectivo é achegar á cidadanía información rigorosa sobre saúde e promover hábitos preventivos.

QUE ES O FÍGADO GRAXO
O fígado graxo afecto a un de cada tres adultos en España e adoita desenvolverse sen síntomas, aínda que pode derivar en cirrosis ou cancro hepático.
Trátase dunha enfermidade moi frecuente, silenciosa e con potencial para evolucionar cara a formas graves si non se detecta a tempo.
Os especialistas reunidos en Pontevedra insistiron no diagnóstico precoz e en levar estilos de vida saudables, recomendando dieta equilibrada, exercicio diario e análise de sangue polo menos cada cinco anos.
Ademais, advertiron de que España é un dos países de Europa con maior incremento da obsesidad infantil e indicaron que se están realizando diganósticos a idades máis temperás para detectalo e evitar a súa progresión cara a complicacións hepáticas máis graves.