A incidencia do coronavirus nos centros educativos e escolas infantís da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense á alza con 533 casos de covid e 28 aulas pechadas.
Segundo a actualización de datos publicada este mércores pola Xunta, 521 casos e 21 aulas pechadas corresponden a colexios e institutos. A situación máis relevante é a do CEIP Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús con 15 casos e ningunha aula pechada.
Con respecto ás escolas infantís da área sanitaria de Pontevedra son 12 casos e 7 aulas pechadas.
GALICIA
Galicia ten 2.997 casos en colexios e institutos, e outros 62 en escolas infantís. A situación obrigou a pechar 159 aulas nos primeiros centros e 26 aulas nas garderías.
Deste xeito, o número de casos de covid nos centros educativos incrementouse en 406 na última semana, aínda que as aulas pechadas son menos, 159, fronte ás 214 de hai sete días.
En canto ás escolas infantís de Galicia, na última semana incrementáronse tanto o número de casos, que subiron de 39 a 62, como o número de aulas de pechadas, que pasou de 11 a 26.