Dous vehículos chocaron frontalmente na parroquia de Seixo, Marín, minutos despois das 8:30 horas da mañá deste mércores,
O accidente ocorreu no quilómetro 5 da PO-551, segundo informou o 112 Galicia, e deixou unha persoa atrapada polo pé no seu vehículo.
O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros do Morrazo foron mobilizados para atender as vítimas.
Ademais, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local tamén foron avisadas do suceso.
Ao chegar ao escenario dos feitos, os bombeiros empregaron material de excarceración para liberar a persoa accidentada
A vítima foi atendida posteriormente polo persoal sanitario.