O século XV regresará esta fin de semana a Combarro coa oitava edición do Día de Colón, festa histórica que chega cun programa cargado de actividades.
A primeira cita importante será a chegada da Nave Santa María con Colón e a súa tripulación ás 22:00 horas do venres, preludio do que espera para toda a xornada do sábado 8 de xullo.
Representacións teatrais, xustas medievais e traxes de época encherán de cor a vila para reivindicar unha vez máis a orixe galega de Cristóbal Colón.
Pedro Gil Arranz, membro da Asociación Histórica e da Casa de Colón, será nesta ocasión o encargado de dar lectura ao pregón.
O Día de Colón foi presentado oficialmente este mércores en Casa-Museo que fai honra ao descubridor de América en Portosanto.