Comeza a instalación da tirolesa en Raíña Victoria

Pontevedra
12 de decembro 2020

Abrirase ao público o venres, 18 de decembro en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas

Instalación da tirolesa en Raíña Victoria Concello de Pontevedra

Dende as sete da mañá deste sábado, a Concellaría de Festas, que dirixe Carme da Silva, está a instalar a tirolesa de 150 metros de lonxitude no tramo peonil de Raíña Victoria. É unha das atraccións máis agardadas deste Tempo de Nadal, que se abrirá ao público a partir do venres, 18 de decembro.

A primeira hora comezouse a descargar e instalar a estrutura da atracción que se irá completando ao longo da semana coa colocación de lonas, iluminación e decoración.

Abrirase o venres, 18 de decembro, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas.

O acceso a esta atracción de feira será coa presentación de tickets do comercio local, xa que unha das liñas de actuación de todos os departamentos do Concello que organizan actividades neste Nadal é favorecer a compra no comercio local.

Os protocolos  Covid están garantidos para que as persoas non teñan que facer colas, xa que se lles entregará un número e cando salga na pantalla informativa poderán acceder para subirse á tirolesa.

CHURROS

Por outra banda, os concelleiros do Grupo Municipal Socialista, Tino Fernández, Yoya Blanco, Iván Puentes e Marcos Rey, estrenaron cuns churros (normais e con chocolate) a churrería que Kuki Galiano instalou na Praza de España.

Trátase dunha iniciativa da Concellería de Promoción Económica que permanecerá aberta ao público durante todo o Nadal.