Comeza a instalación doutros dous novos pasos elevados na avenida de Compostela

Pontevedra
07 de xaneiro 2015

Os traballos comezarán o 8 de xaneiro, a partir das 09.30 horas e implicará o peche dun dos dous carrís de entrada á cidade no citado tramo, pero non implicará restriccións especiais de tráfico

Vista da Avenida de Compostela desde a pasarela peonil no ámbito de Pasarón
Vista da Avenida de Compostela desde a pasarela peonil no ámbito de Pasarón

O Concello de Pontevedra retomará este xoves os traballos de remodelación da avenida de Compostela coa creación de dous novos pasos de peóns sobreelevados entre as glorietas de Pasarón e do Pavillón de Deportes.

A instalación dos pasos de peóns farase, primeiro, nos carrís de entrada á cidade, e posteriormente continuarán no outro sentido.

Os traballos comezarán o 8 de xaneiro, a partir das 09.30 horas e implicará o peche dun dos dous carrís de entrada á cidade no citado tramo, pero non implicará restriccións especiais de tráfico.

Antes do Nadal, a empresa que executa estes traballos xa deixou as beirarrúas preparadas para poder comezar nesta semana a instalación dos pasos elevados, uns traballos que se prolongarán durante uns días.