Comezan a instalar peraltes na estrada que une O Cruceiro, en Lérez, e a parroquia de Verducido

Pontevedra
14 de xuño 2023

Trátase de obras de mellora da seguridade viaria na EP-0016 na parroquia de Lérez nunha actuación valorada en 47.699 euros coa instalación de pasos sobreelevados, limpeza de beiravías e a mellora da sinalización horizontal

Zona do Cruceiro, na parroquia de Lérez
Zona do Cruceiro, na parroquia de Lérez / Google

Esta semana iniciáronse as obras de mellora da seguridade viaria na EP-0016 na parroquia de Lérez, no tramo que transcorre entre o lugar do Cruceiro, no Castelo, coa parroquia de Verducido.

O orzamento supera os 47.699 euros e as obras contemplan a construción de peraltes ou pasos sobreelevados para reducir a velocidade dos vehículos, limpeza de cunetas e a mellora da sinalización horizontal.

O Concello quere, con estas medidas, reduicir os excesos de velocidade e os accidentes detectados nesta vía. Tamén responde á demanda realizada pola asociación veciñal de Lérez e dos residentes no lugar, que alertan de situacións perigosas na zona.

As obras prolongaranse durante os próximos días pero non está previsto que afecte o tráfico, agás en momentos de cortes alternativos.