A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou a execución das obras da nova senda na estrada autonómica PO-313, entre Pardavila e Cadro, no concello de Marín.
Estas obras, cun investimento autonómico de máis de 650.000 euros terán un prazo de execución estimado de 9 meses.
Esta intervención ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na contorna, favorecer os desprazamentos a pé dos veciños e fomentar a mobilidade sostible.
Construirase un itinerario de ancho variable na marxe esquerda da vía, que se complementará coa mellora dunha intersección, unha nova marquesiña nunha parada de bus e a revalorización do contorno do cruceiro.
O novo itinerario dará continuidade o xa rematado entre Coirados e Pardavila, logo dun investimento da Xunta de 715.000 euros, conformando unha senda continua de 3 quilómetros.