Comezan as obras de mellora do asfalto na rúa Oliva

Pontevedra
21 de xaneiro 2015

Augusto González Besada e Augusto García Sánchez tamén se verán afectadas por estes traballos que provocan cambios na mobilidade do tráfico nesta zona durante varias xornadas

Obras na rúa Oliva Diego Torrado

Un grupo de operarios comezaron esta mañá as obras de asfaltado na céntrica rúa da Oliva coa utilización de maquinaria. Estes traballos terán continuidade en González Besada e Augusto García Sánchez.

Todo o ámbito destas obras se encontra sinalizado para indicar os cambios de circulación nesa área da cidade. Durante esta xornada cortouse ao tráfico a rúa da Oliva. A entrada e saída dos garaxes e a carga e descarga realizaranse por Andrés Muruais e García Camba.

A rúa Pastor Díaz queda cortada ao tráfico de entrada, que terá que facerse a través da Praza de España. Pola contra, algún vehículo metíase por dirección prohibida a pesares da sinalización. Por esa rúa si se pode saír a Raíña Vitoria.

Cando se corte Augusto González Besada, a cuxos garaxes accederase pola Praza de Galicia, investirase o sentido no primeiro tramo de Riestra. Os vehículos procedentes da Oliva poderán saír por Pastor Díaz e Paseo de Cervantes.

Na última fase, no tramo final de González Besada cortarase ao tráfico a partir do Hotel Comercio e inverterase o sentido de circulación da rúa San Xosé en dirección a García Sánchez, onde estará prohibido estacionar. Cortarase tamén un dos sentidos de circulación entre a Praza de Galicia e a rotonda situada nas proximidades da Praza da Constitución.

Segundo os previsións, se espera que o xoves finalice o asfaltado destas rúas.