Comezan as obras de remodelación da rúa Bernardo Sagasta de Cuntis

Umia
18 de marzo 2014

A rúa quedará cun só sentido de circulación, de entrada cara ao centro da vila. As obras terán unha duración estimada de seis meses

Inicio das obras rúa Bernardo Sagasta de Cuntis
Inicio das obras rúa Bernardo Sagasta de Cuntis / Xunta de Galicia

A empresa adxudicataria da remodelación da rúa Bernardo Sagasta de Cuntis, Construciones Crespo, comezou as obras que pretenden emendar as carencias de seguridade vial de peóns e vehículos na zona.

Cun presuposto de 350.453 euros, os traballos prolongaranse aproximadamente por seis meses, nos que se renovará a clazada e se ampliarán as beirarrúas, deixando un só carril de circulación para o tráfico rodado en lugar dos dous actuais, o de entrada cara ao centro da vila.

Ademais procederase á mellora do sistema de recollida de pluviais e iluminación, concluíndo coa humanización da rúa, na que se colocarán zonas axardinadas e mobiliario urbano.

Ata o lugar das obras achegáronse este martes o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Cuntis, Antonio Pena, quen se mostrou satisfeito pola "execución dunha demanda histórica dos veciños de Cuntis. Non podemos esquecer que se trata da entrada histórica ao balneario".