O Concello de Meaño inicou as obras de ampliación e mellora do viario municipal que conecta a estrada PO-303 cos núcleos de vivendas de Pazos, A Bouza e Vilariño, en Simes.
Esta actuación responde a unha reivindicación dos veciños para mellorar a seguridade viaria e as comunicacións entre núcleos rurais.
Os traballos inclúen o ensanche da calzada na marxe dereita, a renovación do firme e a mellora da sinalización.
O obxectivo do Concello é mellorar as condicións de circulación e facelas máis seguras e eficientes.
A obra está financiada polo programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra e está enmarcada no plan municipal de mellora da rede viaria.
O alcalde, Carlos Viéitez, explicou que "o obxectivo da obra é dotar ao municipio de infraestructuras modernas, seguras e adaptadas ás necesidades actuais".