Os veciños de Meaño contarán cun novo aparcadoiro disuasorio no centro urbano.
O Concello formalizou a compra dun terreo de 1.600 metros cadrados situado en "un lugar estratéxico", aseguran.
En concreto dará servizo aos usuarios do centro médico, aos pais e nais dos alumnos do CEIP As Covas, aos usuarios do pavillón, da farmacia, as entidades bancarias ou o centro social de maiores, así como a propio Concello.
Segundo informa o goberno local o aparcadoiro contará con 60 prazas de uso público e gratuíto.
O acceso ao mesmo realizarase desde a Rúa Herminia Fariña.