O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) presentou este luns un escrito dirixido á concelleira de Promoción Económica do concello de Pontevedra, no que se solicita que os "sindicatos representativos" participen nas consultas sobre a planificación e regulación da ordenanza municipal de veladores e terrazas.
Comisións Obreiras saluda a realización por parte da concelleira Anabel Gulías deste proceso de consultas, pero considera que resulta "incompleto se se exclúe das mesmas ás organizacions que representamos a unha parte esencial, como son os traballadores do sector, quen obviamente non están representados polo sector empresarial ".
CC.OO. entende que a posibilidade de ampliación de horarios "non pode repercutir aínda máis na precarización do emprego dos traballadores", nun sector no que a ampla maioría dos establecementos "non respetan as condicións establecidas no convenio colectivo provincial de hostalería".