Completados os traballos de recuperación das pontes colgantes de Calvelo e Soutomaior

Cerdedo Cotobade
08 de agosto 2025
Actualizado: 14:43

A recuperación e posta en valor tamén incluíu as obras da ponte colgante do Xirimbao, que conecta os concellos da Estrada e Teo. Todas elas contaron cun investimento de 200.000 euros

Visita á ponte colgante de Calvelo
Visita á ponte colgante de Calvelo / Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia completou durante este verán os traballos de recuperación e posta en valor das pontes colgantes de Calvelo, Soutomaior e O Xirimbao, localizados en espazos naturais emblemáticos das provincias de Pontevedra e A Coruña.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, visitou este venres a pasarela de Calvelo, no municipio de Cerdedo-Cotobade, para comprobar en persoa o resultado dos traballos acometidos nesta infraestrutura.

Durante a súa visita, Vázquez explicou que nas obras investiuse un total de 220.000 euros e considerou que apostar por este tipo de pontes é apostar tamén "pola mobilidade sostible, o sendeirismo, o turismo verde e de calidade e a cohesión territorial do rural".

Neste sentido, a conselleira detallou que, concretamente, as obras da ponte de Calvelo tiveron un investimento de 70.000 euros, comezaron en novembro do ano 2024 e finalizaron o pasado mes de xuño.

Visita al puente colgante de Calvelo
Visita á ponte colgante de CalveloXunta de Galicia

Nese tempo, repararon os apoios de formigón da estrutura, limparon e engrasaron as poleas guía, sanearon e substituíron os elementos metálicos e dos taboleiros de madeira e instalaron un panel informativo sobre a normativa a cumprir, entre outros traballos.

A pasarela, situada nun enclave singular dentro de Rede Natura 2000 e suspendida a uns 18 metros sobre o curso fluvial, é o único punto de unión entre as dúas marxes do río Lérez en varios quilómetros e constitúe tamén un elemento de gran valor patrimonial e etnográfico para esta zona.

É por iso que a conselleira resaltou que tanto á hora de redactar o proxecto como de executar as obras primaron tanto a integración paisaxística da infraestrutura coa contorna natural como a mellora da seguridade dos usuarios, e adiantou que, para facilitar os accesos á ponte, están a tramitar a construción de pasos descansados de madeira reciclada.

Neste caso, o orzamento estimado está preto de 30.000 euros e a previsión é que a actuación estea executada antes de que finalice o ano.

Pola súa banda, a ponte colgante de Soutomarior sobre o río Verdugo contou cun investimento de 60.000 euros e o do Xirimbao, que conecta os concellos da Estrada e Teo atravesando o río Ulla, de 91.000 euros.