Completan o asfaltado da PO-308 entre Sanxenxo e Portonovo

Sanxenxo
25 de novembro 2020

A intervención promovida pola Consellería de Infraestruturas contempla intervencións noutras estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnésdiv>

Completan o asfaltado da estrada PO-308 entre Sanxenxo e Portonovo
Completan o asfaltado da estrada PO-308 entre Sanxenxo e Portonovo

As obras de reposición do firme na estrada PO-308 entre Sanxenxo e Portonovo están finalizadas. A consellería de Infraestruturas foi a promotora desta actuación que se centrou entre os puntos kilométricos 17+350 e 19+100.

A intervención forma parte dun contrato máis amplo co que están acondicionando tamén a capa de rodadura de diferentes estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas.

Cun investimento próximo ao millón de euros, as obras comezaran no mes de setembro co prazo máximo de ejecución de catro meses.

O contrato comprende actuacións nas estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309, ao seu paso polos municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.

O obxectivo desta iniciativa é o de rehabilitar o firme naqueles puntos nos que o asfalto atópese deteriorado coa finalidade de mellorar a seguridade viaria. Está prevista tamén a mellora da señalización horizontal en diversos tramos.