Compromiso da Xunta a garantir o transporte escolar ao alumnado trasladado ao IES Cotarelo Valledor

O Salnés
26 de agosto 2022

O xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, César Pérez Ares, reuniuse esta venres co director do instituto Armando Cotarelo Valledor, José Ignacio Castro Lozano, para analizar os detalles dos roteiros de transporte do alumnado desprazado desde o antigo IES Fermín Bouza Brey a este outro centro de Vilagarcía

César Pérez Ares, xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, durante o encontro para resolver a cuestión do transporte escolar
César Pérez Ares, xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, durante o encontro para resolver a cuestión do transporte escolar / Xunta de Galicia

César Pérez Ares, xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación en Pontevedra, garantiu este venres que todo o alumnado con dereito ao servizo de transporte escolar contará con esta opción no próximo curso, unha vez que se materialice o desprazamento de estudantes do antigo IES Fermín Bouza Brey ao IES Armando Cotarelo Valledor, de Vilagarcía de Arousa.

O compromiso era adquirido durante a reunión que Pérez Ares mantiña con José Ignacio Castro, director do IES Armando Cotarelo Valledor. 55 estudantes das zonas de Fontecarmoa e O Piñeiriño desprazaranse ao Cotarelo nunha liña de autobús que habilitará a Consellería de Educación.

Outros once estudantes desprazaranse na liña procedente de Rubiáns con destino ao centro de estudos. A dirección do centro manterá encontros nos próximos días coas familias destes once alumnos para determinar o punto máis cómodo para fixar unha nova parada para este roteiro.

O IES Fermín Bouza Brey pasará a converterse no primeiro centro integrado de Formación Profesional da comarca, unha situación que obriga ao traslado do alumnado que actualmente realizaba neste centro os seus estudos.