RADIO.- Achégase o inicio do curso escolar con nova lei e máis caro para as familias

Pontevedra
29 de agosto 2022

O próximo 8 de setembro comeza o curso lectivo para todos os ciclos educativos, salvo a universidade. Unha das novidades que marcan a volta ás aulas e que será ademais moito máis cara para as familias. Falamos de todo isto en PontevedraViva Radio co presidente da FANPA, Rogelio Carballo

Rogelio Carballo Solla, presidente da FANPA de Pontevedra
Rogelio Carballo Solla, presidente da FANPA de Pontevedra / PontevedraViva

O 8 de setembro arrincará para todos os ciclos, salvo o universitario, o curso escolar 2022-23. Así que antes de entrar aos centros educativos, esta vai ser a primeira das novidades ata o mes de xuño.

E desta primeira, dúas das afirmacións que manifesta o invitado ao programa 'Cara a cara' é que con esa unificación "a conciliación estará algo máis garantida", pero ao mesmo tempo as modificacións da duración do curso que tamén se aplican supoñen que "a vida é máis fácil para todos menos para o alumno".

Quen se explica e opina é Rogelio Carballo Solla, presidente da FANPA de Pontevedra. Preguntámoslle igualmente polas repercusións que poida ter ou non o decreto de aforro enerxético nos colexios e institutos, polo peche de centros respondendo o cociente de alumnos, ou a reclamación que reiterou o sindicato SATSE para que se implementen as enfermeiras escolares, figura que esta FANPA solicitara a través dunha Iniciativa Lexislativa Popular xunto a outros colectivos.

No ámbito curricular, comézase a aplicar nos cursos impares a LOMLOE ou tamén chamada Lei Celáa. En xeral e nos diferentes ciclos aos que afecta, Carballo expón luces e sombras desta normativa.

Aplicar un sistema educativo coa hiperespecialización que expón é útil para o futuro laboral que xa se está evidenciando?, é a sociedade esixente co sistema educativo público español?,  é máis laxa esta Lei coa adquisición de competencias por parte do alumnado?, son algúns interrogantes que se abordan no podcast de PontevedraViva Radio.

E como engadido a todo ese debate, unha máxima que non deixa lugar a dúbidas: vai ser un curso máis caro, entre un 10 e 15% superior e non só repercute en material escolar, libros, equipamento téxtil... tamén en servizos como o do comedor escolar  do que precisa a situación á que fan fronte desde a FANPA.